Friday, August 25, 2006

Escola Infantil Pasiños.

A Escola Infantil Municipal “Pasiños” de Abegondo, constitúe un servizo especializado, no que se conta cun equipamento técnico e material específico para atender á poboación infantil.

De ámbito local, público, de titulariedade do Concello de Abegondo e social, pretendendo ser un apoio ás familias na conciliación da vida laboral e familiar.

Este servizo púxose en marcha no ano 1998. Na actualidade dispón de 29 prazas destinadas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 1 e 3 anos, contando con dúas unidades nas que se imparte o primeiro ciclo de educación infantil non obrigatoria e que se distribuen da seguinte maneira:



Unha unidade de 1 a 2 anos: 13 prazas.
Unha unidade de 2 a 3 anos: 16 prazas.

Horario continuado de 7,45 a 19,00 horas

Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?